Orientación - Noticias

Taller de estimulación da linguaxe oral

Regresan este curso os talleres de estimulación da linguaxe oral en Educación Infantil.

Un ano máis, xa estamos de volta!

A vaca Paca (4º Infantil), a xoaniña Xoaniña (5º Infantil), o Búho Paco e o seu novo amigo Javitor o Castor Lector (6º Infantil) acompañarán, coma sempre, aos nosos pequenos e pequenas nas sesións de estimulación da linguaxe e prevención das dificultades na aprendizaxe da lectoescritura.

A través de xogos, cancións, contos, adiviñas... acompañaremos aos rapaces e rapazas no descubrimento das letras, palabras e frases e no proceso de desenvolvemento da linguaxe oral.

Andade atentos e atentas, porque este catro andan cheos de sorpresas!!