Orientación - Noticias

Extra, extra!!!!

Os alumnos e alumnas dos talleres de enriquecemento de Educación Primaria investigan sobre as orixes da escritura da man dun mestre experto na materia. 

Comezamos o proxecto deste curso cunha visita especial!

Contamos coa presenza de Rafa, mestre especialista en Cultura Clásica e coordinador da pastoral do noso colexio.

Este, falounos da historia da escritura, explicounos e deixounos tocar e curiosear libros moi antigos, materiais (papiros, pergamiños...)  e ata espazos do cole descoñecidos por todos nos.

Adiviñades con esta información sobre que traballaremos este curso ?

Aquí vos deixamos algunhas fotiños, foi unha experiencia fantástica.

Taller de enriquecemento
A orixe da escritura

Grazas tamén desde aquí Rafa!