Orientación - Noticias

Viaxando entre mulleres polo universo literario

Para terminar co proxecto do segundo trimestre do Taller de Enriquecemento, no que investigamos como evolucionou o papel da muller na sociedade co paso do tempo, tivemos a sorte de contar coa colaboración de Conchi Veiga, mamá de dous alumnos do centro.

Conchi traballa no campo editorial e contounos, entre outras cousas, a dedicación e o empeño que puxeron as mulleres para poder chegar a publicar os seus escritos e asinalos co seu nome.

Pasamos un intre divertido con varias dinámicas que propuxo aos nenos/as. Unha delas consistiu en que escribisen todos nun papel o que querían ser de maiores e as súas afeccións. Cando terminaron, só recolleu os papeis dos nenos. Desta forma as nenas sentiron a impotencia e desilusión de que as súas opinións non fosen tidas en conta.

Desde o Departamento de Orientación queremos agradecerlle a Conchi que compartise tan amablemente connosco e os nosos alumnos/as anécdotas, historias, e importantes achegas sobre o mundo da literatura.