Como remate das sesións do taller de Estimulación da Linguaxe e Prevención de Dificultades de Lectoescritura en Educación Infantil, fixemos unha gran festa ó aire libre, coa colaboración de catro rapaces/as de 4º e 6º de EPO.
A Xoaniña, o Búho Paco e a Vaca Paca ocorréuselles facer unha gran xincana por ser o derradeiro día que ían a visitar ós rapaces e rapazas de Educación Infantil durante este curso.
Esta xincana constou de varias probas, todas actividades que as/os pequenas/os xa coñecían e que serviron de repaso de todo o traballado ao longo deste ano escolar.
Fixeron probas de sopro, praxias; pasárono pipa relambendo Nocilla e atrapando gusanitos, realizando actividades con diferentes ruletas, tarxetas de Bob Esponxa e palliñas…
Outra das probas consistía en clasificar letras, sílabas ou descubrir as palabras, dependendo da idade dos rapaces/as.
Por último, rematamos cunha canción para repasar vocabulario sobre os campos semánticos que foron aprendendo durante o ano.
Grandes e pequenos/as pasamos unha sesión moi divertida.
Vémonos o próximo curso.
Bó verán!