O taller seguiu un formato de sesións monográficas, cada unha delas a cargo dun profesor experto no tema tratado, e co Departamento de Orientación como facilitador e coordinador.
Este taller constou das seguintes sesións:
- 27 de abril: Programación con Scratch (Juan Pintos)
Introdución práctica á programación coa linguaxe de programación visual Scratch (https://scratch.mit.edu/).
- 4 de maio: Laboratorio de química (Marcos Díaz)
Introdución ao laboratorio e experimentos con ácidos e bases.
- 11 de maio: Filosofía e psicoloxía (Jesús López)
Introdución á filosofía e experimentos de psicoloxía social.
- 18 de maio: Xogos lóxico-matemáticos (Beatriz Fernández)
Gymkhana de enigmas lóxico-matemáticos por equipos.
- 25 de maio: Despedida e entrega de diplomas (Sara Suárez)
Debido á boa acollida e aos excelentes resultados obtidos, está previsto repetir o taller durante o curso que vén con novas propostas nun formato máis ampliado.