Orientación - Noticias

Taller de Enriquecemento en Educación Secundaria

Durante este mes de maio tivo lugar a primeira edición do Taller de Enriquecemento Extracurricular para alumnos de Educación Secundaria.

O taller seguiu un formato de sesións monográficas, cada unha delas a cargo dun profesor experto no tema tratado, e co Departamento de Orientación como facilitador e coordinador.

Este taller constou das seguintes sesións:

  • 27 de abril: Programación con Scratch (Juan Pintos)
    Introdución práctica á programación coa linguaxe de programación visual Scratch (https://scratch.mit.edu/).
  • 4 de maio: Laboratorio de química (Marcos Díaz)
    Introdución ao laboratorio e experimentos con ácidos e bases.
  • 11 de maio: Filosofía e psicoloxía (Jesús López)
    Introdución á filosofía e experimentos de psicoloxía social.
  • 18 de maio: Xogos lóxico-matemáticos (Beatriz Fernández)
    Gymkhana de enigmas lóxico-matemáticos por equipos.
  • 25 de maio: Despedida e entrega de diplomas (Sara Suárez)

Debido á boa acollida e aos excelentes resultados obtidos, está previsto repetir o taller durante o curso que vén con novas propostas nun formato máis ampliado.