Principal - Noticias

21 DÍAS CO GALEGO E +

13 de Xaneiro de 2019

O 13 de xaneiro comeza 21 DÍAS CO GALEGO E +

 

Os compañeiros e compañeiras que abriron o camiño nos últimos tres anos co noso propio proxecto 21 DíAS EN GALEGO acaban de explicarnos como xurdiu todo. 
 
Como nos contan, neste ano 2020, o FOGAR DE SANTA MARGARIDA participará en 21 DíAS CO GALEGO E +, o proxecto organizado desde a Xunta de Galicia. Os outros participantes son nove centros públicos de ensino medio de toda Galicia: o IES AFONSO X O SABIO de Cambre, o IES XELMÍREZ I de Santiago, o IES DE POIO de Poio, o IES VILALONGA de Sanxenxo, o IES ANTÓN ALONSO RÍOS de Tomiño, o IES ILLA DE ONS de Bueu, o IES BLANCO AMOR de Ourense, o IES AS LAGOAS de Ourense e o IES ÁNXEL FOLE de Lugo.
 
Cando se celebra?
As actividades desenvolveranse entre os días 13 de xaneiro e 2 de febreiro deste 2020. 
 
Quen participa?
Todo o alumnado de Educación Secundaria, de forma activa e obrigatoria. Ademais, toda a nosa comunidade escolar (alumnado doutras etapas, profesorado en xeral, persoal non docente, familias...) está convidada a se contaxiar do espírito dos 21 DÍAS CO GALEGO E +.
 
En que consiste?
Co obxectivo incentivar o uso oral da lingua galega durante esas tres semanas, debe facerse un seguimento das propostas diarias lanzadas desde o blog oficial do proxecto: 

https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais

Algunhas das propostas, en distintos días, consistirán en breves gravacións en vídeo: tres reflexións (individuais) e tres tarefas (grupais).
Tamén serán propostos vídeos de tarefas en familia as fins de semana, de carácter voluntario.
Empregaranse plataformas como Google Drive, Dropbox ou WeTransfer para facer chegar os vídeos ao profesorado. 
Ademais, no centro realizaranse outras actividades de dinamización paralelas, á parte das lanzadas desde o blog.
 
Xa quedan poucos días para comezar! 
Seguiremos informando!
Graciñas por adiantado.
E feliz 2020!