Pastoral - Noticias

Festival de Nadal

whatsapp image 2018-12-21 at 15.40.11.jpeg

Rematamos este primeiro trimestre cunha visita moi especial, a de SS.MM. os Reis Magos de Oriente.

Membros da comunidade educativa do Fogar e un numeroso grupo de alumnos/as de Bacharelato, fixeron un Belén vivente na capela, representando dunha forma sinxela, a familia de Belén.

Asistiu todo o alumnado do Fogar, aportando ademais cada clase, unha panxoliña, unha obra musical, etc. Os máis pequenos, coñeceron e falaron cas SS.MM. os Reis Magos, os que lles adicaron unha especial atención.

Ademais, o alumnado de formación profesional quixo render unha pequena homenaxe á profesora Laura Luelmo, lendo un manifestó contra a violencia e gardando un minuto de silencio.

Se queres ver algunhas fotos da xornada prema aquí.

Desexámosvos un Feliz Nadal!

O equipo de Pastoral do Fogar de Santa Margarida