Pastoral - Noticias

4° ESO Convidado ó XX Congreso Estatal de Voluntariado

O pasado xoves 29 de novembro, un grupo de alumnos/as de 4° da ESO asistiu á XXª edición do Congreso Estatal de Voluntariado.
Alí participaron en diversos obradoiros relacionados coa experiencia do voluntariado, coñeceron testemuños de homes e mulleres que dedican parte do seu tempo aos demáis e descubriron o grande abano de oportunidades nas que poden achegar o seu gran de area.
 
Animamos ao noso alumnado e a toda a comunidade educativa a que doen parte do seu tempo en accións que nos converten en mellores personas.
 
Deixámosvos unhas fotografías desta xornada na que ademais de traballo houbo tempo para o lecer.
 
Preme aquí para acceder á galería.
 
Equipo pastoral do Fogar de Santa Margarida.