Principal - Noticias

Eleccións ao Consello Escolar

Comenza o proceso de renovación do Consello Escolar para este curso 2018/2019

Neste curso 2018/2019 celebraranse as eleccións ao Consello Escolar do noso centro.

Para coordinar dito proceso electoral é necesario constituír a Xunta Electoral para o que será necesario realizar un sorteo público para elexir:

-Un representante de pais/nais.

-Un representante do profesorado.

-Un representante dos alumnos a partir de 1º ESO.

-Un representante do Persoal de Administración e Servizos (PAS).

O sorteo realizarase na secretaría do colexio o luns 5 de novembro ás 11:30.