Principal - Noticias

Eleccións ANPA

23/10/2018

O pasado 22 de outubro celebráronse no noso centro as eleccións á ANPA cunha elevada participación.

O pasado 22 de outubro celebráronse as eleccións á ANPA no noso centro. A participación foi moito máis elevada do esperado, polo que queremos agradecer a todas as nais e pais que se acercaron a exercer o seu voto a implicación neste proceso.

Agradecer tamén ás dúas candidaturas o seu interese para reactivar a ANPA e animamos á candidatura elixida a poñer en marcha todos os proxectos previstos.

A candidatura elixida foi a formada por Vicky Vega Rodríguez, Mery Gómez García, Cristina Prego Fraga, Santiago Iglesias García, Joaquín Fraga Liste e William Henry Goicochea Rioja.