Orientación - Noticias

Visitamos as instalacións da Voz de Galicia

Como remate do noso proxecto xornalístico, os alumnos e alumnas do Taller de Enriquecemento visitamos as instalacións da Voz de Galicia.

Os nosos pequenos/as redactores/as puideron ver en directo as grandes rotativas coas que traballan, a redacción, o almacén das bobinas de papel, os tanques de tinta, e o impresionante Museo, no que observaron como foi  evolucionando a prensa escrita e as súas máquinas o longo da historia.

Foi unha gran experiencia e un día xenial para rematar o curso.