Convivencia - Noticias

Entrega de diplomas ao alumnado mediador

Que mellor comezo do mes de xuño que cunha celebración! Neste caso, o venres 1 de xuño, tras finalizar a xornada escolar, asistimos á entrega de Diplomas do alumnado que este curso 2017/2018 logrou, tras a formación recibida, o certificado que os habilita para intervir no noso colexio como mediadores ou mediadoras. 

Un grupo de mozos e mozas de 1º ESO acompañados polos membros do Equipo de mediación -coordinadoras e estudantes- e dalgúns docentes, déronse cita nun acto presidido polo director pedagóxico quen, outro ano máis, enxalzou o esforzo que se realizou tanto os que estiveron en etapa de formación como os que colaboraron e interviñeron a favor da convivencia positiva no Fogar.

Tras unha bonita cerimonia dirixida por Rafael Casás e as mensaxes ofrecidas polas coordinadoras do Servizo e as alumnas veteranas Iria Otero, Gabriela Taboada, Amanda Villamar e o alumno Jorge Nolasco no nome de Lía Lema –que non puido asistir-, péchase o encontro coa intervención de Paula Manteiga e Nerea Gende que reciben aos novos mediadores/ as cantando Sad Song do grupo estadounidense We The Kings.

Tras os aplausos diríxense á cafetería onde, degustando un tentempié, continúan as felicitacións, os xestos de agarimo, as risas e as anécdotas nun ambiente cargado de alegría, ilusión e compañeirismo.

Fotos do evento