Ao longo dos cinco obradoiros, a implicación tanto do profesorado e alumnado do noso centro foi considerablemente alta. Consideramos que a participación en cada sesión moi gratificante e produtiva para o centro.
Valoramos moi positivamente tanto o material aportado polos responsables do proxecto como a metodoloxía utilizada para transmitir os contidos. Destacamos a valoración positiva sobre os obradoiros e os traballos realizados polo alumnado, xa que deixaron un gran pouso sobre o que seguir traballando.
Dende o luns 28 de maio ata o 1 de xuño podedes visitar a exposición fotográfica realizada polo alumnado de varios centros, entre eles o Fogar de Santa Margarida. Podedes ver un adianto a través deste enlace
Poñemos á vosa disposición os programas de radio onde podedes escoitar entre outras, a entrevista ao noso querido profesor Enrique Martínez Mato.
Parabéns polo traballo realizado!