Orientación - Noticias

O Mundo que Queremos: Obradoiros de fotografía e radio

Nesta ocasión, contamos coa inestimable presenza de expertos en fotografía e radio, todo un luxo do que desfrutamos ao longo do día.

A través do traballo colaborativo, o alumnado de 1ºESO reflexionou sobre o desenvolvemento sostible. O obxectivo final é a creación dun material que serva para difundir e sensibilizar ao resto da comunidade educativa sobre dita temática. Deste xeito trátase de cambiar o rol do alumnado, pasando de consumidor pasivo a creador activo de información.