Orientación - Noticias

O Mundo que Queremos... Empezamos!

Este luns os responsables de “O Mundo que Queremos” achegáronse ao centro para explicar ao noso alumnado de 1º ESO en que consiste este proxecto.

Traballáronse os conceptos clave a través dunha metodoloxía baseada na participación, na experimentación e na reflexión. Empregando dinámicas como os xogos de rol ou o xogo de cadeiras facilitaron ao alumnado o debate e a reflexión sobre temas como a desigualdade social, a pobreza, o desenvolvemento sostible e a corresponsabilidade, conceptos complexos que a través de accións lúdicas son máis sinxelos de incorporar para o alumnado