Orientación - Noticias

O Mundo que Queremos

Os grupos de 1ºESO únense ao proxecto “O Mundo que Queremos”.

O Mundo que Queremos é un proxecto de Educación para o Desenvolvemento que ten por obxectivo conseguir que o alumnado sexa consciente da interconexión que existe entre as realidades locais e as dinámicas globais para traballar a corresponsabilidade que todas e todos temos na construción da xustiza social.

Este ambicioso obxectivo abordarase ao longo de todo o curso académico a través dun estudo diagnóstico, cinco intervencións na aula, un encontro final e unha avaliación. Ademais, teremos un espazo web propio do proxecto con información e recursos ao servizo das persoas protagonistas do mesmo.