Orientación - Noticias

IV Xornadas de Orientación Profesional

Ao longo desta semana celebraremos as IV Xornadas de Orientación Profesional do Fogar de Santa Margarida.

A elección do itinerario formativo é un momento clave na vida de todos os estudantes, por iso consideramos fundamental un acompañamento familiar e escolar que permita tomar unha decisión meditada, responsable e coherente.

Coa intención de prestar apoio e asesoramento neste proceso de toma de decisións, poñemos en marcha as  IV Xornadas de Orientación Académica e Profesional no CPR Fogar de Santa Margarida, non como acción illada,  senón   como   parte   dun    proceso  de  desenvolvemento  que  pretende  contribuir á  realización  persoal, educativa e profesional do alumnado,  e no  que   día   a   día estamos a participar todos os integrantes da comunidade educativa.

Nestas xornadas poremos á disposición do alumnado información precisa, actual e obxectiva, tratando de dar resposta aos interrogantes e inquedanzas que habitualmente presentan.

Ademais enriqueceremos esta información coas experiencias vividas na Universidade de antigos alumnos e alumnas, permitíndonos un achegamento máis real ao mundo universitario.

As   actividades   desenvolvidas   nesta   semana   serán complementadas    coa    participación    do    alumnado de 4º ESO, Bacharelato e  Formación  Profesional  nas Xornadas de orientación universitaria e profesional (XOUP) organizadas polo Concello da Coruña previstas entre o 9 e o 19 de abril de 2018.

Programa IV Xornadas Orientación Profesional.