Convivencia - Noticias

20 de marzo, Día da Felicidade

Buscando a felicidade dentro de nós mesmos/as.

O 20 de marzo celebrouse a nivel internacional o Día da Felicidade. Durante estes días, nas clases de Educación Emocional de Primaria estivemos reflexionando sobre que é a Felicidade e como podemos atopala.

Sergio (4º ESO), Clara, Lucía e Natalia (1º Bacharelato) estiveron colaborando con Primaria para axudarnos a entender que é a Felicidade. Léronnos varios contos e propuxéronnos actividades moi divertidas, como os Menús da Alegría, nos que cociñamos entre outras cousas “Xeados de risas con pepitas de amor e optimismo”; ou a Caixa de Tesouros na que gardamos momentos especiais con amigos/as e coa familia que queremos manter na nosa memoria.

Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración e moitas grazas aos nosos/as alumnos/as polos seus sorrisos!

Sexamos Felices!