Asociación Nais e Pais do Alumnado - Noticias

Entroido 2021

12/02/2021

Concurso Entroido 2021

Bos días!!


Como vos comentamos esta semana imos facer un Concurso de Entroido organizado polo  Ampa, no que tamén quixo participar o Colexio.

As bases son as seguintes:
Pode participar todo o alumnado e a súa familia!


- Mandarase unha ou varias fotos disfrazada/ou ou de familia, co nome do alumno/a e indicar se é socio do  Ampa no curso 2020/2021, ao correo electrónico de carnavalampa@mundo-r.com, indicando no asunto ENTROIDO 2021.


- As datas para mandar as vosas fotos serán do día 13 ata o 17 de Febreiro, ambos os incluídos.


-Os 3 primeiros clasificados terán de premio unha Cesta de Material Escolar (proporcionadas polo Colexio) e o que quede en mellor posición e a maiores sexa socio do  Ampa no curso 20/ 21 levará un agasallo extra “unha televisión” (proporcionada polo  Ampa)


-Teremos un xurado formado por membros da directiva do  Ampa, e do Centro.


-Os gañadores daranse a coñecer na primeira semana de Marzo.

Como aclaración, considérase Socio  Ampa 2020/2021 todo alumno que teña a cota paga de  Margariteando, e os alumnos que pagasen a cota deste ano a través do  Ampa directamente.


Moitas grazas a todos e animádevos “Incribles do Hogar”


Un saúdo
Ampa Hogar de Santa Margarita