Resultado da enquisa COVID e información sobre o funcionamento do ANPA este ano.
Punto 1- Sobre a enquisa de Xornada Intensiva #ante a situación do Covid-19
Agradecervos antes de nada vosa participación na enquisa; para nós é moi
importante contar coa vosa colaboración.
O resultado da enquisa non foi concluínte debido a incongruencias nun gran número de votos que, por exemplo, pedían xornada continua sen comedor, pero con actividades pola tarde.
Desde que se realizou a enquisa, estivemos en diálogo co Colexio, tentando decidir a mellor opción e para que todos os alumnos estivesen beneficiados no cambio, un dos puntos máis importantes era que as familias que necesitasen o horario actual, terían que ter máis custo, polo que entre Ampa e Colexio decidiuse manter a Xornada Actual e non aumentar custos a ningunha familia e deixando sempre a porta aberta ás necesidades que poidan ir xurdindo durante a pandemia.
Punto 2 - Funcionamento do Ampa este ano 2020/2021:
SOCIOS
- As familias que apuntasen aos seus fillos en Actividades xa co pago da matrícula que pasou o Colexio por Banco, xa renovaron a súa condición de Socios, a non ser que expresamente indicasen que non queren ser Socios do Ampa.
- As familias interesadas en novas altas ou renovacións e non matriculasen aos seus fillos en actividades, terán que realizar o pago na conta do Ampa.
- A efectos de representación en calquera votación, os socios poderán delegar o seu voto a outro socio, a través de correo electrónico do Ampa ata 24 horas antes da Asemblea. @Teniendo en cuenta que un asociado, só poderá representar a un número máximo de dous.
ATENCIÓN SOCIOS E FAMILIAS
Este ano non atenderemos en Oficina, dada a situación polo ben de todos e o non acceso dos pais ao Centro. Atenderemos por correo electrónico, e en caso necesario pedirémosvos o teléfono para contactar convosco directamente.
RECOLLIDA E ENTREGA DE ROUPA
Seguiremos coa recollida e entrega de roupa á xente que o necesite. Cando teñades roupa para darnos, sería entregala na Secretaría e cando necesitedes roupa, teriades que mandarnos un correo.
INFORMACIÓN AMPA
Toda a información do Ampa, Correo Electrónico, Descontos, Conta Bancaria ou calquera novidade estará colgada na Web do Colexio. Para ver ben os datos ten que ser a través deordenador, dado que nalgúns móbiles non se ve correctamente a información.
NÚMERO DE CONTA
ES43 2080 5177 2030 4000 8818
ASEMBLEAS
Faremos a Extraordinaria o día 27/10 porque hai que tomar unha decisión urxente, e mandarémosvos en breve a data da reunión Ordinaria, onde vos informaremos de todas as novidades máis detalladamente.