Noticias

Páxinas:  1 ... 6 7 8 9 10 11

Excelencia Educativa no Fogar

Estamos de celebración! O noso colexio, o Fogar de Santa Margarida, vén de recibir o "Premio Galicia á Excelencia Educativa", como recoñecemento á súa longa traxectoria.

Parabéns a tod@s @s alumn@s de Bacharelato, 100% de aprobados na ABAU

29/06/2017
 "Quen sementa recolle os seus froitos"   

Ti es único/a!

O alumnado de 1º a 5º de EPO levou a cabo durante as últimas semanas un taller de Autoestima dentro do horario de Educación Emocional.

Entrega de Diplomas de Mediación Escolar

O pasado venres 9 de xuño celebrouse a entrega de diplomas do alumnado que logrou, tras a formación recibida, o  certificado que os habilita para intervir no noso colexio como mediadores ou mediadoras

Paseo e praia para o alumnado de apoio e convivencia!

O alumnos e alumnas de apoio e convivencia despediron o curso de ruta polo paseo marítimo e a praia das Lapas.

Última titoría do curso!

Queda pouquiño para terminar as clases, tan pouquiño que en 1º ESO C xa tiveron a súa última titoría!

O Fogar súmase aos V Encontros de Centros para unha Convivencia Positiva

No seu segundo ano de funcionamento, o Servizo de Mediación Escolar do Fogar Santa Margarita participa no V Encontro de Centros para unha Convivencia Positiva "Adolescencia en rede e cultura da paz", celebrado os días 2 e 3 de [...]

Taller de Enriquecemento en Educación Secundaria

Durante este mes de maio tivo lugar a primeira edición do Taller de Enriquecemento Extracurricular para alumnos de Educación Secundaria.

Viaxando entre mulleres polo universo literario

Para terminar co proxecto do segundo trimestre do Taller de Enriquecemento, no que investigamos como evolucionou o papel da muller na sociedade co paso do tempo, tivemos a sorte de contar coa colaboración de Conchi Veiga, mamá de dous [...]

Festa rachada!

Como remate das sesións do taller de Estimulación da Linguaxe e Prevención de Dificultades de Lectoescritura en Educación Infantil, fixemos unha gran festa ó aire libre, coa colaboración de catro rapaces/as de [...]

Acto de Graduación da Promoción 2002-2017

26 de maio de 2017
O pasado venres, 26 de maio, celebrámo-la graduación dos alumnos que este ano cursaron 2º de bacharelato. O acto comezou ás 19’00 no salón de actos-capela do noso colexio. Asistiron moitos familiares, profesores, [...]

Finalizan as sesións de formación de mediadores de Primaria

Despois de varias sesións de traballo cos alumnos/as de 5º e 6º de Primaria, rematamos a nosa primeira formación en mediación neste curso.

Laura, gañadora provincial do Concurso de Debuxo do Banco de Alimentos

Laura Fernández, gañadora provincial do Concurso de Debuxo do Banco de Alimentos

A pescar!

Os rapaces e rapazas de Educación Infantil fóronse de pesca no Taller de Estimulación da Linguaxe Oral.
Páxinas:  1 ... 6 7 8 9 10 11