Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)

A Educación Secundaria Obrigatoria ten por finalidade lograr que os alumnos e as alumnas adquiran os elementos básicos da cultura, nomeadamente nos seus aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico; desenvolver e consolidar neles/as hábitos de estudo e de traballo; preparalos/as para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral, e formalos/as para o exercicio dos seus dereitos e das súas obrigas na vida como cidadáns e cidadás.

A etapa de Educación Secundaria Obrigatoria abrangue dous ciclos, o primeiro con tres cursos escolares, e o segundo con un. Estes catro cursos seguiranse ordinariamente entre os doce e os dezaseis anos de idade.

O segundo ciclo, ou cuarto curso, da Educación Secundaria Obrigatoria terá un carácter formativo para futuros estudos.

A etapa de Educación Secundaria Obrigatoria organízase en materias que, á súa vez, divídense en troncais, específicas e de libre configuración autonómica.

Os itinerarios formativos de 3º ESO e 4º ESO ofrecidos para o curso escolar 2019-2020 son

Itinerarios
Educación Secundaria
3º ESO 4º ESO