Plan de adaptación ao contexto COVID 19

Queridas familias Fogar,

Presentámosvos o protocolo do Fogar para a adaptación á situación do Covid para o que levamos traballando durante todo o verán. Queda pendente a publicación da sección de secundaria/bacharelato/ciclos á espera dos cambios que poidan deber ás novidades que se produciron esta semana, manterémosvos informados.

Queremos transmitirvos que o Fogar fixo todo e máis para minimizar os riscos ante a pandemia. Agora necesitámosvos a vós para que, unindo os nosos esforzos, logremos superar esta difícil situación que nos tocou vivir.

Grazas a todos e moito ánimo.