Biblioteca - Actividades

Cantando e contando entre nais, monstros e gatos moi lambóns

Biblioteca
15 de decembro do 29016

Esta semana, na biblioteca, vivimos contos de lobos, de gatos lambóns e de bailarinas que querían ser figuras de futbolín. Tamén cantamos historias de monstros e recibimos unha visita moi especial

Onde viven os monstros (Kalandraka), Iriña bailarina (Embora), Caramba (Lata de Sal), O gato lambón (Kalandraka), Las princesas también se tiran pedos (Algar) ou Una vida cualquiera (Lóguez), foron algunhas das obras coas que puidemos desfrutar nuns días cheos de contacontos.

          

Tamén nos achegamos a un auténtico loitador pola igualdade das persoas, como foi Nelson Mandela, a través da lectura do álbum que lle dedicou a editorial Juventud; e tivemos a sorte de recibir a visita de Felicidad, nai de Isabel, alumna de 5ºB, coa que nos mergullamos no mundo do deporte.

          

Se queredes coñecer máis sobre estas e outras actividades da biblioteca, non tedes máis que visitar o noso blog: http://ofogardoslibros.blogspot.com.es