Biblioteca - Actividades

Con Candela e Inés... coñecemos a Marie Curie

Biblioteca
16 de decembro do 2016

Inés e Candela, alumnas de 5ºC, nos presentaron esta semana unha das grandes científicas de todos os tempos: Marie Curie.

Hai unhas semanas Inés e Candela, dúas mentes inquedas de 5ºC, nos achegaron a unha das mulleres fundamentais dentro da Literatura: Agatha Christie, mestra da novela policiaca. Esta semana continuaron presentándonos grandes mulleres da historia, e así, grazas a elas, os nenos e as nenas de 2ºC puideron coñecer a unha das grandes científicas de todos os tempos Marie Curie.

     

Para presentarnos esta figura léronnos o álbum que Alba Editorial lle dedica a Marie Curie, dentro da súa colección "Pequeña Y GRANDE".

               

Se queredes coñecer máis sobre esta e outras actividades da biblioteca, non tedes máis que visitar o noso blog: http://ofogardoslibros.blogspot.com.es