Biblioteca - Actividades

Unha vida calquera

Biblioteca
23 de novembro de 2016

Con motivo da conmemoración do Día Europeo das Persoas Sen Fogar, achegámonos a esta realidade non tan lonxana. 

Frío, fame, medo, soidade... Durante uns minutos as nenas e os nenos de 6º de Primaria se puxeron na pel dunha persoa sen fogar, a través do testemuño de Isabel, Laura e Ángel, tres alumnos do noso Centro, de 2º de Bacharelato, que cada venres dedican unhas horas da súa vida a dar precisamente iso, vida, ás persoas que viven na rúa. Como o fan? Pois colaborando co proxecto Boa Noite, nacido ben cerquiña do Fogar, na parroquia coruñesa de San Francisco de Asís. Estes tres xoves, xunto con persoas como Virginia, que tamén nos acompañou na sesión, percorren as rúas da nosa cidade axudando os máis necesitados.

      
 
As nenas e os nenos de 6º seguiron atentos as palabras dos maiores e logo, chegou o momento das preguntas. Foron moitas as cuestións ás que tiveron que dar resposta Isabel, Ángel, Laura e Virginia, pois o tema impactou enormemente aos alumnos que os escoitaban.  
 
      
 
 

GuardarGuardar