Infantil Primeiro Ciclo - Actividades

Despois da tormenta sempre chega a calma...

Traballamos a calma a través do conto "El León afónico"

Para traballar a emoción da calma partimos do conto "El león afónico" que nos ensina como podemos autocontrolarnos.

 

Aprendemos diferentes técnicas de relaxación, entre elas o Ioga, facendo diferentes sesións para relaxarnos e coñecer o noso corpo e a importancia de aprender a respirar, sobre todo antes de actuar.

Tamén fixemos unha pequena incursión no Mindfulness  para traballar o equilibrio e benestar.

Todo isto traballarémolo ao longo do curso nas sesións de psicomotricidade.

Entre os diferentes talleres realizados para traballar esta emoción están:

  • Taller de ciencias: Masa da calma 

Descubrimos que facendo a mezcla de ingredientes básicos como: xel, colorante alimenticio e maicena crease unha pasta de textura suave que no momento de manipulala transmítenos calma e serenidade.

  • Bote da Calma 

Seguindo a metodoloxía de María Montessori creamos o bote da calma, que consiste na mezcla de: auga, pegamento ou gomina e brillantina. Este Bote é unha sencilla técnica coa que calmar e controlar as rabietas, choros e molestias dos máis pequenos.

 

Con todas as nosas actividades pretendemos que os nosos nenos e nenas se responsabilicen das súas accións reforzando así  a súa autoestima e procurando conseguir que adquiran un desenvolvemento dunha personalidade armoniosa e adecuada.

Facendo conscientes aos nenos e ás nenas da relación que hay entre despexar a mente, coidar a respiración e a redución do medo, o estres e a ansiedade.