Infantil Segundo Ciclo - Actividades

CONCERTO DE NADAL EN EDUCACIÓN INFANTIL

Os máis pequenos cantan polo Nadal.

O alumnado de E. Infantil (4º, 5º e 6º) felicitou as festas aos seus familiares cun concerto de Nadal.

Cantaron panxoliñas en castelán, galego e inglés, que foron aplaudidos con gran entusiasmo polos seus seres queridos.

Ao rematar, compartiron unha merenda con produtos do Nadal, típicos nestas datas.

Como punto e final do trimestre, recibiremos a visita das SS. MM. os Reis Magos de Oriente.