Infantil Segundo Ciclo - Actividades

RICIÑOS DE OURO

Os máis pequenos inician o seu primeiro traballo por proxectos

En 3 anos, enmarcado no noso proxecto anual sobre contos clásicos, este trimestre mergullámonos na historia de Riciños de Ouro. A partires do conto preparamos diferentes propostas manipulativas que están pensadas para favorecer a motricidade fina.

🟡 Trasvases e manipulacións finas: ao mover materiais dun recipiente a outro, reforzamos a coordinación ollo-man e a forza dos dedos. 

🟡 Insertar obxectos por pequenos buratos: traballamos a precisión, a coordinación e a concentración a través de accións moi significativas para eles. 

🟡 Seleccionar tamaños (grande–mediano–pequeno): retomando os elementos do conto, practicamos a clasificación e a observación.

🟡 Emparellar roupa e ordeala na lavadora grande ou pequena: deben atopar a prenda do tamaño e cor correctas, unir as dúas partes e decidir en cal lavadora colocala segundo o seu tamaño. Unha actividade que estimula a comparación, a toma de decisión e o pensamento lóxico.

Todas estas experiencias lúdicas axúdanlles a fortalecer as súas mans, mellorar a coordinación e prepararse para a preescritura e os trazos, que virán máis adiante.

No noso cole xogamos, si... pero cada xogo ten unha intención educativa.