Titorías de 5º Infantil - Actividades

Recunchos 5º

A Coruña

As actividades lúdicas son fundamentais para a aprendizaxe do alumnado.

Unha parte fundamental da rutina semanal en Educación Infantil é o traballo por recunchos. Actividades manipulativas e divertidas que nos axudan a aprender cada día de forma lúdica.

Cada semana prepáranse 4 actividades (lectoescritura, matemáticas, plástica e xogos), mediante as cales, os nosos peques experimentan e interaccionan en pequenos grupos á vez que desenvolven e potencian os seus coñecementos.

Eles mesmos elixen en que recuncho queren participar cada día, sendo conscientes de que ao final da semana deber ter pasado por cada un deles.