Titorías de 5º EPO - Actividades

O noso clásico Concurso de Fotografía tamén resiste!

A situación actual que ten en alerta a totalidade do planeta non puido co noso Concurso de Fotografía "Galicia máxica" .

Estabamos inmersos nas actividades propias da sétima edición do tradicional concurso, elixindo os gañadores e finalistas e preparando o mural con todas as fotografías seleccionadas, aló por mediados do pasado mes de marzo, cando tivemos que abandonar o noso Fogar para estar seguros nas nosas casas.

O VII Concurso de Fotografía do Fogar segue a resistir e, coma todos os anos, fixemos o mural inda que fose a medias, eliximos as mellores fotografías de cada curso de Educación Primaria e faremos chegar a cada casa os correspondentes diplomas acreditativos a todos os finalistas e gañadores.

-Así quedou no mes de marzo o que ía ser o  mural coas mellores fotografías. Algún día o remataremos!:

Moitas grazas ás profesoras do colexio e ao alumnado de 5º que con tanto agarimo se estaba a implicar na súa elaboración! Continuaremos!

 

- Preme nas seguintes imaxes para coñecer as fotografías finalistas e gañadoras de cada ciclo:

 

-Aquí están os finalistas e gañadores co seu diploma:

 

 -Segue nos seguintes enlaces a participación dos diferentes cursos de Ed. Primaria no VII Concurso de Fotografía:

     -3º Ed. Primaria:  http://www.fhsm.es/actividades/ver.htm?actividadeId=554 

     -4º Ed. Primaria: http://www.fhsm.es/actividades/ver.htm?actividadeId=545

     -5º Ed. Primaria: http://www.fhsm.es/actividades/ver.htm?actividadeId=561&paxina=1

     -6º Ed. Primaria: http://www.fhsm.es/actividades/ver.htm?actividadeId=555&paxina=1