Principal - Actividades

I FOGARLIMPIADAS #QUEDA NA CASA

Marzo 2020

O COIN afirma que a vida é marabillosa, e imos gozar, no cole, no traballo, e na casa!

Porque unha imaxe vale máis que mil palabras, mirade este vídeo e despois seguide lendo...
 

Oístes ben!! Este ano tedes a gran honra de inaugurar as...

I FOGARLIMPÍADAS #QUEDA NA CASA

 
Como nos acaba de contar David, cada dous ou tres días propoñerémosvos un novo reto, un novo deporte que practicar.
 
Poñédevos a iso con toda a familia e gozade dunhas marabillosas Fogarlimpíadas!!
 
Se queredes enviarnos un vídeo mostrando as vosas destrezas deportivas, podedes facelo na seguinte dirección de correo (fogarlimpiadas@gmail.com). (Atención!! Todas as familias que envíen os seus vídeos están a dar autorización expresa de imaxe para poder subir estes vídeos ás redes sociais do colexio).
Os datos que debedes poñer ao enviar o vídeo para poder facer referencia ao mesmo son:
  • Nome do neno ou nena.
  • Curso no que está.
  • Nome do pai ou nai/ titor ou titora legal.
  • Autorización: Eu... autorizo a subida deste vídeo ás redes sociais do colexio CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida.

Atentos aos diferentes vídeos que imos colgando!

Seguídenos a través de Facebook ou da nosa lista de reprodución de Youtube I FOGARLIMPÍADAS #QUEDA NA CASA.
Aquí vola deixamos!

 

E non pode faltar o GRAN DISCURSO DE INAUGURACIÓN OFICIAL DAS NOSAS "I FOGARLIMPÍADAS #QUEDA NA CASA 2020"