Titorías de 5º EPO - Actividades

Un concurso de fotografía para gozar de Galicia

As nenas e nenos de 5º lembramos que van xa sete aniños dende que comezou no Fogar o concurso anual de fotografía. Esta creativa actividade, promovida dende o Plan Lector e que implica a todas as familias e á comunidade educativa, xa se converteu en toda unha tradición no noso colexio e neste curso, como sempre, gozou dunha gran participación.

Baixo o título de GALICIA MÁXICA, as fotografías desta edición reflicten a esencia do noso país en imaxes das súas festas populares, paisaxes, gastronomía...

-Para ver a participación e o traballo das nosas cativas e cativos de 5º neste concurso, preme na seguinte imaxe: