Principal - Actividades

11 febreiro - Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A Asamblea Xeral de Nacións Unidas decidiu, a finais de 2015, proclamar o 11 de febreiro como o “Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia”, co que se busca visibilizar o traballo das investigadoras e dar un pulo ao papel da muller na ciencia.

O noso centro identifícase con esta proposta e, por este motivo, unha das actividades que levou a cabo para conmemorar este día consistiu en empapelar as paredes do colexio cunha baralla de mulleres científicas coas que, de forma rápida e divertida pódese obter información sobre as aportacións que fixeron nas distintas ramas da ciencia grandes mentes como Sophie Kovalevskaya, Emmy Noether, Rose Dieng-Kuntz, Dian Fossey, Hedy Lamarr... Por outra parte, tamén conseguiu a visita da investigadora galega Vanessa Valdiglesias, quen deleitou a gran parte do alumnado cunha ponencia sobre toxicoloxía xenética.

Vanessa Valdiglesias estudiou Bioloxía na Universidade de A Coruña (UDC), mesma Universidade na que se doctorou anos máis tarde. Ao longo da súa carreira como investigadora, foi galardoada con numerosos premios e recoñecementos entre os que destacan o Premio da Academia Galega de Ciencias ao Xove Investigador e o Premio Extraordinario pola súa Tese doutoral. A súa conferencia versou sobre o seu traballo, o que deu lugar a tratar diversos temas. Contou que a finalidade da toxicología é previr (coñecer os efectos dos axentes toxicológicos para evitar problemas de saúde); explicou que entre as utilidades desta ciencia atópanse aspectos tan importantes como a creación de prospectos de medicamentos (concentracións e doses aconsellables, duracións dos tratamentos, incompatibilidades...), a protección dos traballadores e a análise dos principais grupos de risco (maiores de 65 anos, mulleres embarazadas, nen@s de 6 a 24 meses, doentes crónicos...); comentou que a forma de traballar é reunindo información de todas as ramas da ciencia (Matemáticas, Física, Farmacoloxía; Química; Bioquímica...) para facer estudos en cultivos celulares (in vitro), logo en animais (in vivo), a continuación poblacionais (analizando biomarcadores) e finalmente en medio ambiente; explicou ademais tres dos seus traballos prácticos (onde destacaron especialmente os seus estudos sobre os efectos do vertido de fuel do Prestige nas células e xenómica dos seres humanos). A conclusión final da conferencia non podía estar máis relacionada co seu campo, nin ser máis acertada: “A mellor cura é a prevención”.

 

Os estudantes realizaron moitas preguntas e despediron á investigadora cunha sonora ovación. Aproveitamos estas líneas para agradecer, unha vez máis, a atención dispensada por Vanessa en todo momento, a súa naturalidade á hora de desenvolver a súa ponencia e a súa implicación na actividade.