Titorías de 2º FPB Servizos Comerciais - Actividades

Practicando as entrevistas de traballo!

Esta semana comezan as temidas entrevistas para a realización das prácticas en empresas. Para ir moi ben preparados e seguros de si mesmos os alumnos de 2 FPB levan dúas semanas traballando moi duro.

En primeiro lugar, tiveron que buscar en clase de Aplicacións básicas de ofimática información na web sobre as entrevistas de traballo (preguntas típicas, comunicación non verbal, imaxe persoal...) baseándose nunha ficha que a profesora de Atención ao cliente lles facilitou.
En segundo lugar, recibiron a visita de Silvia, unha ex-alumna de FPB que lles contou a súa experiencia persoal sobre o proceso de selección e posterior realización das prácticas. Ademais Silvia continúa traballando na empresa polo que lles puido dar moitos consellos.
Posteriormente, realizaron unha dramatización dunha entrevista de traballo por parellas, na que un era o entrevistador e outro o entrevistado e malia que se puxeron bastante nerviosos o resultado foi moi satisfactorio.
E para terminar na aula practicaron unha das dinámicas de grupo típicas das entrevistas nas que tiveron que demostrar as súas habilidades negociadoras, a súa soltura á hora de resolver conflitos, o respecto cara aos seus compañeiros...

 

Así que agora só queda desexarlles MOITA SORTE!!