Principal - Actividades

Xornadas de Portas Abertas

Febreiro 2020

Así somos, así o contamos!

Porque unha imaxe vale máis que mil palabras, porque nos gusta tomar decisións baseadas nos nosos criterios e valores, porque temos que ver "in situ" todo o que é importante para nós, por todo iso...

Ven a coñecer o cole!!

O vindeiro sábado 29 de febreiro celebraremos a última xornada de portas abertas no Hogar de Santa Margarita para favorecer a conciliación familiar. Aqueles pais que queiran coñecer as nosas instalacións e proxecto educativo teñen unha nova oportunidade para achegarse ao noso centro antes de que se abra o prazo de matrícula, entre o 2 e o 20 de marzo.

Co fin de conseguir a mellor atención a todos os asistentes durante o desenvolvemento das xornadas, é necesario inscribirse previamente. Podedes facelo de tres maneiras distintas:

  • Chamando á secretaría do colexio: 981251090
  • Enviando un correo electrónico a: secretaria@fhsm.es
  • Cumprimentando e enviando este formulario (Ao cumprimentar e enviar este formulario, aceptas expresamente a política de privacidade)

Moitas grazas polo voso interese, esperámosvos!