Titorías de 5º EPO - Actividades

Gran Actuación de 5º no Festival de Nadal do Fogar

O día 18 de decembro, os alumnos e alumnas de 5º celebramos, xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de 6º, o FESTIVAL DE NADAL, englobado dentro do FESTIVAL DE INVERNO e que se completará cos festivais dos desmais cursos de Educación Primaria nos outros trimestres, conformando así  a primeira edición do FESTIVAL DAS ESTACIÓNS.

Durante semanas os cativos e cativas de 5ºA, 5ºB e 5ºC adicaron moita enerxía e ilusión para preparar a coreografía, a panxoliña e a obra de teatro que representarían diante das súas familias. A tarde do mércores 18 de decembro gozamos todos xuntos, nenos, profesores e familias da celebración do FESTIVAL, rematando cunha gran merenda para repoñer forzas. Celebramos todos xuntos o Nadal con moita ilusión e con ganas de repetir a experiencia o próximo ano.

BO NADAL!

Se queredes ver os vídeos dos ensaios e da actuación no Festival, preme na seguinte imaxe:

Para ver o álbum de  fotografías dos preparativos nas xornadas previas e da actuación, preme na imaxe: