Titorías de 5º Infantil - Actividades

O porto

A CORUÑA
Novembro

Unha maña na lonxa 

Ola familias: este mes de novembro os Mariachis , os Lolitos e os Cristinitos , fomos o porto de A Coruña, á lonxa. Alí tivemos a ocasión de ver peixes de tódolos tamaños; dende pequenos como a parrocha, a meiga... ata grandes coma o atún e o peixe espada.
Vero explicounos todo o camiño que fan os peixes dende o mar ata o plato. Como chegan en barco ao porto, a subasta, como se conservan no xeo dentro das caixas que levan á pescadaría e de alí á casiña, ao noso plato.
Pasámolo en grande!!!