Titorías de 5º EPO - Actividades

Travesía de 5º polo fondo do mar

O pasado luns 25 de novembro, todo o alumnado de 5º, visitou o Aquarium Finisterrae. Os nosos nenos e nenas puideron observar, en vivo, o visto na aula durante todos estes días na área de Ciencias Naturais: diferentes  especies, poboacións, comunidades... propias de ecosistemas acuáticos. Ademais de reforzar o aprendido, gozaron, xogaron  e  manipularon  elementos relacionados coa bioloxía mariña, a oceanografía e o mar en xeral.

Observa a nosa visita ao fondo do mar. Para ver as fotos da "Visita ao fondo do mar", preme sobre a seguinte imaxe: