Titorías de 1º FPB Servizos Comerciais - Actividades

Orgullo de alumnado

Orgullo de alumnado

O pasado venres e sábado, 22 e 23 de novembro, o noso alumnado de FP participou como voluntariado na campaña nacional de recolleita de alimentos máis importante, que realizan os Bancos de Alimentos provinciais, aquí na provincia da Coruña, lévao a cabo o Banco de Alimentos Rías Altas

O noso alumnado realizou quendas de dúas horas onde informaron aos clientes de Eroski da rúa Pérez Cepeda, da campaña na que estaban colaborando, montaron caixas, recolleron alimentos, fixeron palés… Completaron así 26 horas de duro traballo da que saíron moi satisfeitos polo traballo que desenvolveron e con moitas ganas de repetir.

Encántanos ver que os nosos/as alumnos/as son persoas comprometidas e solidarias.

Moitísimas grazas¡¡¡¡¡

Se queres ver máis imaxes prema aquí.

 

Galería de fotos