Titorías de 5º EPO - Actividades

A viaxe de 5º polo Universo

Os pequenos astronautas de 5º de Primaria gozaron dunha apaixonante viaxe espacial chea de aventuras e descubrimentos.

Durante os últimos dous meses, tres naves espaciais que partiron en setembro das estacións de 5ºA, 5ºB e 5ºC de Educación Primaria, percorreron o Espazo exterior coñecendo todos os recunchos do Universo. O Proxecto Universo foi unha grande oportunidade de traballar, gozar e aprender todos xuntos que, sen dúbida, nunca esqueceremos.

Para ver as fotos deste gran traballo, preme na seguinte imaxe: