Infantil Primeiro Ciclo - Actividades

Traballando a emoción do medo

Traballando a emoción do medo
31 de outubro de 2016

Traballando coas emocións: OMedo

Como xa sabedes, este curso 2016/2017, estamos baseando o noso proxecto nas emocións. De fío conductor teremos o libro "O monstro de cores".

Aínda que traballaremos todas as emocións de forma globalizada, destacaremos máis unha delas, dependendo do momento do curso no que nos atopamos.

Por iso, como sabedes, comezamos o curso coa emoción do medo, porque entendemos que todos sentimos "temor" ante o novo.

Esta emoción expusemola a través do libro "Gato Guille e os monstros" e "Corre corre cabaciña", aproveitando para traballar con eles:

  1. Partes da casa e do cole.
  2. Membros da famillia.
  3. Estación do Outono e as súas características.
  4. Festas do Outono en Galiza: Magosto, Samaín e Vendima.
  5. Diferentes cores
  6. Artes plásticas...

Galería de fotos