Titorías de 1º ESO - Actividades

Despedímonos nas Illas Cíes

17 xuño 2019
Despois dun bo traballo ao longo do curso, unha gran recompensa.

Así é como lle puxeron o broche final ao curso os nosos mozos e mozas de 1º ESO. Foron de excursión ás Illas Cíes, onde despois de facer un marabilloso roteiro de sendeirismo puideron gozar das súas "cálidas" augas. Non sabemos se todos eles quixeron probar a auga, pero si podemos asegurar que gozaron ao máximo desta gran saída. Bailaron, riron, camiñaron... e compartiron grandes momentos xuntos.

Aquí temos unhas fotos para mostrarnos o ben que o pasaron.

Preme na imaxen para ver máis fotos