Pastoral - Actividades

VII Encontro Diocesano de nenos

VII Encontro Diocesano de nenos

Baixo o lema “Atrévete a ser Santo” o pasado 1 de Maio levouse a cabo o VII Encontro Diocesano de nenos, en Santiago de Compostela. Como xa vén sendo costume no noso Fogar, familias e catequistas, coas nosas mochilas ao ombreiro, collemos o tren a primeira hora da mañá para así iniciar un día repleto de ilusión, diversión, amor, reflexión, vivencias, convivencia…

Xa en Santiago, e tras deixar os nosos macutos nunha das instalacións do Seminario Menor de Belvís, abríronse as portas do mesmo para acoller unha serie de talleres nos que se lles mostrou aos nosos pequenos a vida e obra de diferentes Santos. Finalizada a actividade chegou a hora da comida para recobrar forzas, e poder continuar cunha Yincana na que se invitou a participar a todos alí presentes. Risas e diversión selaron o transcurso da xornada.

O broche final púxoo a Eucaristía celebrada na igrexa Franciscana da capital compostelana, e cuxa homilía foi realizada polo noso Arzobispo Julián ¡Grazas polas súas palabras, Monseñor!

Unha vez en casa, recordamos con agarimo a experiencia e esperamos con ilusión un VIII Encontro Dioceseno.