Actividades extraescolares - Actividades

Campións!

O equipo Prealevín do Fogar de Santa Margarida acábase de proclamar CAMPIÓN do "I Torneo Franciscanas de Fútbol sala".

Despois de varios subcampionatos e algún terceiro posto, hoxe impuxéronse ao Liceo nas semifinais e a Jesuitinas na final para levantar, por fin, o trofeo de CAMPIÓNS que tanto merecían.

Este é un premio ao traballo ben feito, exemplo de constancia e saber facer, onde a mellora ano tras ano está sendo moi evidente. 

Noraboa CAMPIÓNS!