Actividades extraescolares - Actividades

Clausura do Torneo Calasanz na categoría biberón

O sábado 19 de maio rematou a Torneo Calasanz na categoría biberón onde participaban nenos de 4 e 5 anos de idade.

O Fogar contou con 19 rapaces que disputaron partidos nas fins de semana destes dous últimos meses. Era a primeira vez que nenos desta idade representaban ao centro nun torneo de fútbbol e a experiencia foi máis que positiva, deixando sempre nun segundo plano os resultados e centrándonos na parte formativa, polo que esperamos poder repetir o ano que vén.

Grazas ás familias polo seu compromiso e colaboración durante estos meses. Foi unha experiencia marabillosa!