Actividades extraescolares - Actividades

Clausura do Torneo Calasanz

O sábado disputouse a última xornada do XXXVII Torneo Calasanz de futbito no que participan vinte colexios da cidade.


O Fogar conseguiu chegar a esa xornada final con tres equipos: dous xogaron polo terceiro posto, o outro disputou a final polo título. Ningún deles o conseguiu o que non embaza o marabilloso ano que nos fixeron vivir, tanto eles como os outros dous equipos clasificados en sexto lugar.

Queremos darvos as grazas ás familias por ser un exemplo de deportividade, compromiso e saber estar durante todo o ano, GRAZAS. O curso que vén volveremos e seguiremos gozando destes marabillosos nenos, nenas e as súas familias.