Actividades extraescolares - Actividades

VII Campamento Urbano Hogar Santa Margarita

Por sétimo ano consecutivo, gozaremos do verán practicando actividades de ocio e tempo libre moi divertidas, superando todo tipo de retos espaciais, deportivos e artísticos. A diversión está garantida!

Que imos facer?

Viviremos unha chea de aventuras, gozaremos de actividades deportivas, educativas, lúdicas... centrándonos en tres temáticas diferentes. Variaremos as actividades para realizar dentro de cada temática. Todas as actividades realízanse por grupos e adáptanse ao nivel e á idade dos participantes.

- Monstros SM (Semana 1 e 4)

O colexio está cheo de monstros. Monstros moi grandes e pequenos, peludos ou con espiñas, de moitos ollos e moitas patas... Están por todas partes e non só lles gusta dar sustos, o que máis lles gusta é... divertirse! Saen dos libros, os contos, os debuxos e non hai quen os pare. Se queres vivir a festa máis monstruosa... xa sabes onde atopalos; este é o seu Fogar.

- Un Mundial de Balóns (Semana 2 e 5)

O Mundial de Rusia só é de fútbol, pero o do Fogar de Santa Margarida é dunha chea de divertidos xogos e outros deportes con balón, como as bases, o brilé, a bomba e a petanca entre outros. Crearemos as nosas propias "seleccións" que se enfrontarán cada día en distintos xogos, competindo por chegar á Gran Final. Se che apetece formar parte do noso equipo tes que apuntarte!

- Mundo submarino (Semana 3 e 6)

Os mares e os océanos son os maiores depósitos de auga na Terra. Numerosos animais e plantas viven nas augas salgadas. Mergúllate nunha viaxe ao fondo dos profundos mares onde atoparás peixes de todas as cores, xigantes mariños, arrecifes de coral e moitas cousas máis. Únete á nosa expedición acuática máis refrescante!

Cando e onde?

1º semana: do 25 de xuño ao 29 de xuño de 2018

2º semana: do 02 ao 06 de xullo de 2018

3º semana: 09 ao 13 de xullo de 2018

4º semana: 16 ao 20 de xullo de 2018

5º semana: do 23 ao 27 de xullo de 2018 (25 festivo)

6º semana: do 30 de xullo ao 03 de agosto de 2018

Podes escoller de 1 a 6 semanas para participar e os horarios que mellor se adapten ás túas necesidades. As actividades son de 9:30 a 13:45 h (opción de ampliar desde as 7:45 ás 15:15 h)

Lugar

Instalacións do Colexio Fogar de Santa Margarida e lugares do seu redor (Parque Santa Margarita, Paseo das Pontes, Praia de Riazor)

Como e cando me apunto?

Tes que cubrir o boletín de inscripción e entregalo no cole (Secretaría) ou envialo por e-mail. Se non o tes pódelo recoller na Secretaría ou solicitalo en administracion@artestudioxestioncultural.com

* Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscripción.