Actividades extraescolares - Actividades

Ruta de sendeirismo en Seixo Branco

O sábado 28 de xaneiro realizamos a III Ruta de sendeirismo do curso. Esta vez, realizouse en Seixo Branco. Un éxito de xente, un sitio espectacular e unha fantástica mañá coa familia FOGAR.

No Golfo Artabro, destaca o Monumento Natural de Costa de Dexo. Pertencente ao Concello de Oleiros, a ruta comeza en Mera ata o pequeno porto de pescadores de Lorbé. Alí desfrutamos dun paseo pola natureza e a historia dos nosos antepasados, gozando de fantásticos acantilados, salpicados de furnas (covas mariñas formadas pola acción do mar) e formas xeomórficas e antropomorfas nas súas rocas, ademais do faro de Mera, as baterías militares, e o castro celta de Subiña.